George Newnes
Aparencia
George Newnes, nado en Matlock (Derbyshire) o 13 de marzo de 1851 e finado o 9 de xuño de 1910, foi un editor británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Thomas M. Newnes, era pastor da Igrexa congregacionalista. Estudou na Silcoates School e, máis tarde, no Shireland Hall de Warwickshire e mais na City of London School.
A día de hoxe é lembrado como fundador da The Strand Magazine, iniciada en 1891, na que entre outros autores Arthur Conan Doyle publicou a súa serie de misterio Sherlock Holmes. Fundou tamén outras publicacións, por exemplo The Westminster Gazette (1873), Tit-Bits (1881), The Wide World Magazine (1888) ou Country Life (1897).
Newnes foi membro do Parlamento Británico, representando a circunscrición de Newmarket (1885-1895).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, Kate. George Newnes and the New Journalism in Britain, 1880-19l0. ISBN 978-0-7546-0317-7 (en inglés).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia de The Strand MagazineArquivado 19 de xaneiro de 2001 en Wayback Machine. (en inglés).